Hoxe por Matt

Hoxe por este tipo! Porque acabo de encontrar o video e ahora mismo sintome culpable de ter ENVIDIA!! Sería un dos meus soños poder viaxar tanto acompañado da miña moza! Un soño que son consciente que nunca se verá cumplido, pero que dalgun modo será o que intente facer con ela. Sempre e cando ela queira claro está.

Non vos perdades o vídeo. Alomenos a min...gustoume moito!

Where the Hell is Matt? (2008) from Matthew Harding on Vimeo.

COUSAS

Así de ben me explico eu cos meus titulazos! Pero e que non sabía como chamarlle o "popurri" de cousas que quero meter nesta entrada. A maioría delas non teñan conexión ningunha entre elas, son cousas que von encontrando pola "internes" e que me gusta metelas todas no Cabanel, e así tamén as comparto con quen lle interese.
A primeira de hoxe é un buscador que xa hai un tempo que sei del, pero que hasta hoxe tampouco me parara moito a mirar como é. Tratase de Jujel.es, un buscador creado ca tecnoloxía e google inc., si, si, en serio, o Google de verdade, e que apoya a Gheada e Seseo que existe no "Jallejo". As suas busquedas ofrecen resultados en Galego, e como din eles no apartado "¿Pero que demo é isto?" da sua páxina de inicio,

"...Que ninguén o tome a mal..."

Nesta sección tamén responden as posibles preguntas que te podas facer sobre a páxina e os seus obxectivos. Eu so vos digo que despois de lelo, teñoa como páxina de inicio e poñereino no blog como recomendado.

jujel

Seguinte cousiña que encontrei (tamén de hai uns días), a chegada do iPhone 3G a España para o 11 de Xulio. Non sei como sería de esperado na vida cotiá de cada un... pero dende logo podovos asegurar que en moitas páxinas de internet era algo mooooooi esperado. Pasaron miles de rumores, de datas nas que chegaría, de características que se lle incorporarían ao que xa existía noutros países, da man de que compañía de telefonía chegaría, asi que finalmente..... AQUI O TENDES!!! iPhone 3G

O próximo e algo rídiculo pero fixome gracia, e solo polo chiste, gustaríame ver a miña filla con el posto. O pixama de Kill Bill para bebés.
Seguro que a miña filla será moito máis guapa que Uma Thurman, polo tanto, quedaralle aínda mellor a ela este pixama, que a loura de bote de Hollywood.
O artículo encontreino na páxina de Compradiccion, que sempre ten cousas diferentes e únicas. Se o queredes comprar, esta en 4 tallas (de 60 a 90 cm) e ten un prezo de 40€. Algo insignificante comparado con ter a filla máis loitadora do barrio! jaja!
Para compralo, Vanhatapio. Se alguen se atreve que por favor que me mande unha foto do pixama!

E por ultimo un video musical italiano. De un grande! a min e o cantante que máis me gusta. Non so me gusta unha canción solta por ahí, do seu último disco "La Finestra", gustanme todas. Chamase Negramaro, e o tema é "L`immenso"



Apertas!

ARTE

Este é para min un exemplo de arte moderno. Non son nin moito menos un entendido de arte, nin de moderno, nin de clásico nin de nada, pero si sei cando algo me gusta, e valoro o traballo que ten detrás.


A miña admiración para os seus creadores. BLU.

Non coma no caso dun "individuo" chamado Guillermo Vargas Habacuc, de Costa Rica, que atreveuse a presentar como "obra de arte" o seguinte.

HABIAS DE SER TI QUEN ESTIVERA ATADO!

Saúdos

Así anda Italia

Unha reportaxe para CQC de Miguel, que afonda no pensamento italiano sobre o seu estado político e social, e vendo as respostas que ofrecen os amables Romanos (cidadáns de Roma), vese máis ou menos como andan as cousas por aquí.... e menos mal que a reportaxe non se fixo no Sur... en fin, como di unha das entrevistadas: "os italianos tropezamos unha, duas, tres, catro e cinco veces na mesma pedra"


Así vos vai meus nenos, sintoo moito pola xente que esta sufrindo todo esto sen querelo, que tamén e moita, pero mentres a Mafia e os fraudes de todo tipo, non desaparezan ou se reduzan notablemente....esto ou peor e o que vos espera. Arrivederci ragazzi!! ed forza per andare avanti!

M.A.P.I.E.

Nunca unha publicidade significou tanto para min. E para recordalo por sempre, e porque os da Estrella fan uns anuncios de puta madre, e polo ben que senta unha Estrella fresquiña nun caluroso dia de vran, nunha terraza e coa compaña da xente que ques...ains... que recordos....
Velaí vos queda esto:


Para quen non coñeza a Rober Bodegas, (que mandatruco tamén...) aquí vos deixo dous dos seus monologos no seu paso polo "Rey de la Comedia":




Ese acento coruñés....MORTAAAL!!jajajaja!!



Estrella Galicia patrocina á Orquesta Panorama, convertendose así na primeira Orquesta de España en recibir diñeiro por publicidade.

Ala!

Días de gloria deportiva

Estes días pasados foron moi grandes para o deporte español. Xa que non levo alegrías personales, alomenos fanme distraer un pouco e alegrarme por todos eles.
O primerio foi o deportista do que falei na entrada pasada, Xavier Gomez Noya, que ten que engadir a sua longa lista de titulos, a de Campión do Mundo!! Foi na madugada do Domingo, en Vancouver (Canadá), onde demostrou o que é, o que se ve na foto, o numero 1! Foi ben situado toda a proba, e no sector de carreira a pé (o último), no que é gran dominador, dou o golpe definitivo para chegar con comodidade a meta! Noraboa Xavier!

O seguinte en proclamarse campión, foi Rafael Nadal, moito máis coñecido por todos, no Roland Garros. Durante todo o torneo non cedeu un so set! e leva 4 titulos consecutivos nas terras parisínas, co que iguala a un dos grandes Björn Borg. A diferencia e que Nadal aínda ten 23 anos, e non hai nin a máis mínima sospeita de que alguen lle poida arrebatar o título de mellor xogador en terra batida, xa que as suas estatísticas neste terreo son impresionantes, e incluso e capaz de, literalmente, esmagar o mellor xogador da historia do tenis, e actual numero un da ATP (que creo que xa van 4 anos), e desesperar o home máis tranquilo na pista, na terra batida. Ese é Rafael Nadal! Noraboa Rafa!

O outro gran campión que gañou unha proba deportiva foi, Dani Pedrosa. Calificado por moitos como A Computadora, ou Máquina, enriba da sua Honda, pola gran precision nas suas trazadas ó longo de todo o circuito. Este domingo, no Circuit de Catalunya, Pedrosa escapouse por diante dun Valentino Rossi espectacular, e un stoner loitador, que foron os que deron o espectáculo. Unha victoria seguramente moi especial para Dani, por gañar na sua casa, e a verdade e que habia tempo que non o vía tan contento o remate dunha carreira. Grande Dani, eres moi Grande! Segue demostrando o espírito gañador que levas dentro, e sorte para toda a tempada. Noraboa Dani!

E por último, os que xa todos sabedes, un equipo que onte demostrou toda a calidade que ten, e ainda que en moitas ocasións non o demostre, onte si que o fixo. A colonia española en Perugia reuniuse na terraza dun bar, para todos xuntos, e como se estivesemos na casa, apoiar a selección, o mesmo que fixeron 12000 espectadores Insbruck. Durante o partido, España situouse moi ben en defensa, que salvo alguns despistes, estivo de primeira, e atacou á inglesa, con pases longos para dianteiros rapidos como Torres e Villa, e aproveitando os mellores xogadores do mundo técnicamente, no medio campo. Unha combinación de calidade, xunto con un rival débil, como o foi onte Rusia, fixo que empezasemos con bo pé a Eurocopa. Pero ollo!! non nos confiemos, porque xa sabemos como son as cousas, e como facemos! empezamos arrasando, e acabamos sin pasar primeira ronda! A ver se o "hat trick" de Villa (con tremendos pases de Torres e Iniesta) fai que Torres se poña as pilas para non ser menos! Noraboa Selección!E aproveitando a actualización deixovos este tema dun grupo Siciliano, que pega bastante en Italia, e que o sabado pasado estiveron en concerto no centro de Perugia. Moi bo directo. Esta non é a que máis me gusta deles, pero si unha das que máis, cando encontre un vídeo decente da outra poñoa, e senon o mellor poñoa sen video. Deixovos con Roi Paci & Arestuska, e cancion Toda Joia, Toda Beleza.


Por cierto, esa voz en off que canta con ellos, es Manu Chao.