BO NADAL
Noite de cine
Eran dous filmes españois, a primeira "La habitación del niño" e a outra "El lobo".
Na primeira actúan como protagonistas, Leonor Watling de sobra conocida por todos, e Javier Gutierrez que o mellor polo nome non sabedes quen é pero se vos digo que é o irmán da monxa dos "Serrano" (o mellor quedades igual ou peor, jaja), tamén fai de personaxe principal en "Un franco, 14 pesetas" (película recomendadísima, personalmente gustoume moito o tema, e como o afronta, pareceme que conta moitas realidades da emigración galega a europa). Volvendo o de antes, o filme está dirixido por Alex de la Iglesia, e ese tipo, algo de cine sabe. Película de medo a cachos, pero os que son de medo ou tensión, sono de verdade. Boas interpretacións dos protas.
Pouco máis. Recomendada, sen moito énfasis, pero esta ben ver de todo.
A segunda largometraxe, El Lobo, que de verdade é larga, dúas horas de película, pero para na se fan notar. Senon a mellor, unha das mellores películas españolas que vin. O tema basado en feitos reales, xa chega bastante fondo, pero inda por riba pouco a pouco metenche máis na trama e chegas a pensar moito en todo o que pasou con ETA e inda pasa. Bos actores, que para min fan un papelón, sobre todo alguns dos secundarios que me sorprenderon bastante. Actores principais: Eduardo Noriega (El Lobo), José Coronado, Silvia Abascal, Santiago Ramos.
Para min, moi boa película, moi recomendada. E moi bo o tema, pareceme que habería que facerlle unha homenaxe o "Lobo". Para saber máis da sua historia, aquí tendes. Recomendadisimo!
Estón vendo bastantes filmes estes meses, asi que irei falando delas de vez en cando, moitos o mellor xa as vistes pero... así tamén me podedes dicir se estades de acordo ca miña opinión ou non.
Ala!
A cociña económica
Hai uns minutos o meu compañeiro de piso, Alber , que seguramente andaría na procura dunha nova receta, sinxela, rápida e económica, atopouse con isto.
BON PROVEITO! E gracias Toni, polo plato e a Alber polo enlace.
Algun día poñerei os videos cas nosas receitas! ou de como poñer a lavadora... e todas esas cousas útiles para os pisos de estudantes.
Ala!
Un pouco de historia
Encontramonos entre Xuño de 1942 e febreiro de 1943, batalla de Stalingrado (Unión Soviética) na II Guerra Mundial. A actual Rusia é atacada polas tropas alemanas dirixidas por Hitler, que unha vez controlada a zona occidental da Unión, quería máis. Entre os seus obxectivos, estaban os ricos campos petrolíferos situados o sur de Stalingrado. Por mor disto comezou a que se di que é a batalla máis "sangrienta" da historia da Humanidade.
A inferioridade do exército de Stalin en armas e homes, e a aparición no exército alemán dos tanques "Panzer", fixo que este tivera que idear un plan para deter o avance das tropas inimigas. E aquí ven a historia que nos contaron na clase.
Os soviéticos adestraron unha serie de cans, habituandoos a que momentos antes de darlles de comer poñíanos a escoitar o sonido dos novos tanques alemáns "Panzer". Deste xeito cada vez que escoitaban o sonido, ían correndo cara el para recibir a súa ración de comida.
Pois ben. Con este adestramento fora dos campos de batalla, so facia falla ter os pobres cans un ou dous días sen comer, e que así fixesen o que fose para conseguila comida. Cargalos con explosivo suficiente para facer estoupar un tanque e soltalos en plena contenda donde houbese tanques inimigos. Xa vos podedes imaxinar o resultado non? Can adestrado con fame e con explosivos no lombo + tanque alemán "Panzer" cerca = can debaixo do tanque....
preparados, listos , xa! BOOM!
Esto recordame a unha campaña de concienciamento de hai anos.
Tristemente as guerras seguen... para que? non o sei.
Ala!
Aston Martin V12 Vantage RS
Aquí quedavos tamén o DB9 probado por Richard Hammond no programa Top Gear da televisión inlgesa. PROGRAMÓN!
E aquí probado pola competencia que no os coñezo tanto pero...tamén está ben, 5th Gear:
As caraterísticas veñen nos enlaces postos arriba, así que paso de poñelos aquí, que algo máis saben os de Km77.com que min.
Ala!
Fontes :: km77.com YouTube
Recordando
Sei que este lema non se creou cando foi do Casón, pero pareceme que se debe entoar ante estas situacións.
Ala!
Fontes :: Cedre Wikipedia La Voz De Galicia
O mundo non para
Aparece el cadáver de la joven desaparecida en la ensenada del Orzán
E xa de primeiras... quedas como atontado. Cando profundizas un pouco máis les que tres persoas, de entre os trinta e os corenta anos que viñan dende Barcelona e Madrid, a unha convención de Caixa Galicia, saliran esta madrugada de "rachí" polos pubs do Orzan. As 5 da madrugada seguramente dixeronxe entre eles: "Porque non mollamolos pés no mar que o temos ahí o lado?" e ala foron todos contentos. Resultado desa fatídica idea... dous no hospital, e unha... morta. A verdade, pouco máis se pode comentar, moitos de nós, si non o fixemos, pensámolo moitas veces.
Pero como contrapartida a estas noticias sempre están as paridas. Que un preguntase "¿Como se atreven a sacala nun xornal deste nivel?", pero que che entreñen. Este o caso dunha parella da Coruña que se casará este fin de ano (aínda non entendo que ten tanto de especial como para aparecer na Voz). Como no concello da Coruña non os casan por ser a fecha que é, van casar a Culleredo (moi preto de Coruña) porque e o único sitio onde son tan pringaos coma eles... E despois claro....hoteles e restaurantes hasta os topes, ou que non reservan para esa data, así que os pobres deles van de cea o Palacio da Opera. Algunha chorrada máis como que as invitacións deronas en bolas de nadal, e que teñen sorpresas para esa noite...
Si, si, a min non me miredes así que non hai nada máis, nin morre ninguén, nin son políticos eles, nin houbo outro "Prestige"...esa é a noticia (da cal non encontrei o enlace pero non vos preocupedes que non hai moito máis.
E bueno para acabar deixovos, primeiro unha noticia do 20minutos.es que tamén... todo un país conmocionado por como o vento move un columpio, e "non move" os que están o seu lado. Será que o concepto do vento como fenómeno meteorolóxico non o teñen moi estudiado.
E o segundo un video do rico YouTube que, de verdad volo digo, non e apto para xente sensible, eu avisei.
Dixenvolo...
E todo por querer darlle unha "colleja" a outro rapaz.
Ala!
Fontes:: La Voz de Galicia, 20minutos.es, YouTube
Recoñezo a miña perdición
Ala!
Declaración de principios
Pero non todo será falar de Galicia, escribirei sobre cousas que me pasan no cotián, aquelo que encontre curioso por internet, pensamentos que teña, e todas esas chorradas que se poñen hoxe en día nos blogs personais. Tampouco fai falta que explique todo non? Unicamente dicir que o nome do blog e como dicir que aqui vai haber de todo, como na botica, porque así é o Cabanel do meu avó.
Ala veña, a correr!! pasadeo ben mentres estedes fedellando por aquí!!
Un saúdo