A Coruña medra

Si señores, si, atopamonos nun periodo da historia coruñesa na que a cidade vai pasar de ter 2 centro comerciais e pouco mais, a ter: o Dolce Vita, Marineda Plaza, Espacio Coruña, Termaria Casa del Agua, Recinto Ferial Expocoruña e creo que me deixo algunha que outra construccion de importancia....
Para os que non vos sonen estas obras, fago unha breve explicación:

Dolce Vita (S.B.A. 77.000 m2): Centro comercial que se inaugurará este ano alá polo mes de outubro, e que posuirá o título de centro comercial máis grande de Galicia ata que se inaugure o Marineda Plaza no 2010. Situarase no polígono da Grela, enfrente ao Makro (para aqueles coñecedes algo da Coruña).


Ficha técnica:
Superficie arrendable de locais 63.032 m2, desglosada en:
Hipermercado 13.800 m2
Locais 21.348 m2
Medianas superficies 21917 m2
Restauración 3871 m2
Ximnasio 2096 m2
Número de locais 150
Aparcamento 86.568 m2 en 2.915 plazas
Superficies comuns, mall, corredoiros 25.044 m2
Superficie construida total cuberta 175.327 m2
Superficie de parcela 56.000 m2


Espacio Coruña (S.B.A. 41.000 m2): situado no barrio coruñes de Someso (é dicir detrás do Carrefour e do Coliseo, habilitarase este novo centro comercial que terá un aparcamento de 2032 plazas, 12 salas de cine da cadea Cinebox, unha bolera con 27 pistas, e un ximnasio de mais de 2500 metros cadrados. Arredor deste centro comercial que quere estar integrado na paisaxe polo que será constuido con granito e pizarra en parte, e cun diseño (polo que se ve nas fotos da empresa constructora) de barco no interior, construiranse tamén duas torres de 32 pisos cada unha, pisos de VPO e vivendas de aluguer para os estudantes universitarios.







Termaria Casa Del Agua: inaugurado o ano pasado, á pregunta de ¿que é a Casa da Auga? na sua web responden así: "Termaria Casa del Agua situada en la ciudad de A Coruña, se constituye como uno de los centros de ocio acuático más grandes de Europa y una de las infraestructuras más importantes en el ámbito cultural, lúdico y comercial de toda nuestra Comunidad." "En un mismo espacio se podrá disfrutar del primer centro de talasoterapia (es decir, con agua de mar) de A Coruña y del más grande de Galicia, y a su vez de una piscina olímpica cubierta." A verdade é que deste centro hay moito que decir, e paso bastante de poñerme a reproducir a súa web así que deixovolo enlace e... vía! Como opinión so podo decir que ten boa pinta, ainda non fun pero apeteceme moito, e tamen ver as demais cousas a parte do centro deportivo, como a tenda de deportes do Corte Ingles. Non poño fotos porque non atopei ningunha con xeito...

Marineda Plaza (S.B.A. 191.000 m2): Este vai ser o xigante de entre os xigantes do futuro coruñés. Duplica ampliamente o Dolce Vita que xa se supon que iba ser.... a repanocha, pois vai Angel Jove (fundador de Fadesa) e uns amigos e.... veña! a facer o 4º centro comercial máis grande de Europa! Incluso se permiten pagar parte da futura 3ª ronda (outra gran construcción) da Coruña para facilitar o acceso o centro comercial. A gran atracción deste novo centro será o primeiro Ikea da comunidade Galega (debilidade personal por este negocio...) pero non solo do xigante sueco vivirá o Marineda, tamén albergará: un novo El Corte Inglés, Hipercor, Bricor, Decathlon, Media Markt, Conforama, Hotel de catro estrelas con 80 habitacions, 15.000 m2 de oficinas, un parque infantil, bolera, e unha vangardista plaza central onde se atopará unha pantalla xigante para seguir grandes eventos deportivos e culturais.

Algunhas das cifras do Marineda son:

50.000 visitas diarias estimadas.

Arredor de 4.500 postos de traballo directos e 8.000 indirectos.

6.700 plazas de aparcamiento

200 Kms de influencia

Prevision de 15 millóns de visitas cada ano (personalmente creo que se tiran un pouco o moco pero...)

230 locais

A verdade e que buscando informacion para falarvos deste xigante encontrei moito que ler, asi que se queredes saber mais... buscade un pouquiño non sexades cans! Por certo esta previsto para o 2010. E como ultimo comentario, parece ser que antes da sua presentación que foi onte, falabase de que ia ter pista de patinaxe sobre xeo permanente, e/ou pista de esqui tipo a de Xanadú de Madrid, pero... nanai de los nanaises! Aqui un enlace a un video da presentacion que ten a edición dixital de La Voz De Galicia, no que explica todo o que dixen antes e con imaxes, non sei para que me matei... e para rematala, acabo de atopar a direccion web: http://www.marinedaplaza.es/

Expocoruña (recinto ferial): Inaugurado o martes coa celebracion da mostra Hostel+, o novo recinto ferial situase en Someso, o lado do Coliseo. 26.000 m2 de area expositiva, tanto exterior como interior (18.000 m2 cubertos), auditorio de 450 prazas, aulas con 110 prazas, aparcamento de 18.500 m2. Este e dos normaliños, pero ta xulo, sobre todo cando se remate...jeje.
A toda esta macroconstruccion sumanse outras obras como o ascensor do monte san pedro, a nova zona de vivendas do parque do Vioño, a terceira ronda, zona residencial da Tabacalera, etc. que entre todas fan que a coruña se prepare para ser recoñecida en toda España, e se prepare para o futuro. Espero que consiga manter tamén a súa historia e as suas tradicions, e que todo esto non acabe co que xa hai, senon que amplie a oferta de ocio dunha maneira "equilibrada".
(Editado: olvidabame do proyecto da estacion intermodal de San Cristobal, a ver para cando algo mais definitivo)

S.B.A. -- Superficie Bruta Arrendable

La Voz de Galicia -- http://www.lavozdegalicia.es/
Fontes: tantas que non podo nin poñelas, entre foros, blogs e webs de periodicos. Gracias!
Ala!

2 comentarios:

Marta dijo...

ACTUALIZAAAAAAA!!!!! Q ya tengo muy vistos estos cc. Y eso q aún no tan hechos!!!

un besote

ℓa moCosa dijo...

Olvidácheste de que tamén haberá H&M no Marineda, é unha das principais alegrías (aparte do Ikea, por suposto) que estamos esperando moitos/as cidadá/ns da Coruña!! sobre todo eu, jujuju...
E o deseño do Espacio Coruña é prácticamente igual que ó do Colombo de Lisboa (que mo dera aquí), só que máis pequecho.
O caso é que me acabo de fixar na túa foto do perfil... estudiaches no Liceo??