Días de gloria deportiva

Estes días pasados foron moi grandes para o deporte español. Xa que non levo alegrías personales, alomenos fanme distraer un pouco e alegrarme por todos eles.
O primerio foi o deportista do que falei na entrada pasada, Xavier Gomez Noya, que ten que engadir a sua longa lista de titulos, a de Campión do Mundo!! Foi na madugada do Domingo, en Vancouver (Canadá), onde demostrou o que é, o que se ve na foto, o numero 1! Foi ben situado toda a proba, e no sector de carreira a pé (o último), no que é gran dominador, dou o golpe definitivo para chegar con comodidade a meta! Noraboa Xavier!

O seguinte en proclamarse campión, foi Rafael Nadal, moito máis coñecido por todos, no Roland Garros. Durante todo o torneo non cedeu un so set! e leva 4 titulos consecutivos nas terras parisínas, co que iguala a un dos grandes Björn Borg. A diferencia e que Nadal aínda ten 23 anos, e non hai nin a máis mínima sospeita de que alguen lle poida arrebatar o título de mellor xogador en terra batida, xa que as suas estatísticas neste terreo son impresionantes, e incluso e capaz de, literalmente, esmagar o mellor xogador da historia do tenis, e actual numero un da ATP (que creo que xa van 4 anos), e desesperar o home máis tranquilo na pista, na terra batida. Ese é Rafael Nadal! Noraboa Rafa!

O outro gran campión que gañou unha proba deportiva foi, Dani Pedrosa. Calificado por moitos como A Computadora, ou Máquina, enriba da sua Honda, pola gran precision nas suas trazadas ó longo de todo o circuito. Este domingo, no Circuit de Catalunya, Pedrosa escapouse por diante dun Valentino Rossi espectacular, e un stoner loitador, que foron os que deron o espectáculo. Unha victoria seguramente moi especial para Dani, por gañar na sua casa, e a verdade e que habia tempo que non o vía tan contento o remate dunha carreira. Grande Dani, eres moi Grande! Segue demostrando o espírito gañador que levas dentro, e sorte para toda a tempada. Noraboa Dani!

E por último, os que xa todos sabedes, un equipo que onte demostrou toda a calidade que ten, e ainda que en moitas ocasións non o demostre, onte si que o fixo. A colonia española en Perugia reuniuse na terraza dun bar, para todos xuntos, e como se estivesemos na casa, apoiar a selección, o mesmo que fixeron 12000 espectadores Insbruck. Durante o partido, España situouse moi ben en defensa, que salvo alguns despistes, estivo de primeira, e atacou á inglesa, con pases longos para dianteiros rapidos como Torres e Villa, e aproveitando os mellores xogadores do mundo técnicamente, no medio campo. Unha combinación de calidade, xunto con un rival débil, como o foi onte Rusia, fixo que empezasemos con bo pé a Eurocopa. Pero ollo!! non nos confiemos, porque xa sabemos como son as cousas, e como facemos! empezamos arrasando, e acabamos sin pasar primeira ronda! A ver se o "hat trick" de Villa (con tremendos pases de Torres e Iniesta) fai que Torres se poña as pilas para non ser menos! Noraboa Selección!E aproveitando a actualización deixovos este tema dun grupo Siciliano, que pega bastante en Italia, e que o sabado pasado estiveron en concerto no centro de Perugia. Moi bo directo. Esta non é a que máis me gusta deles, pero si unha das que máis, cando encontre un vídeo decente da outra poñoa, e senon o mellor poñoa sen video. Deixovos con Roi Paci & Arestuska, e cancion Toda Joia, Toda Beleza.


Por cierto, esa voz en off que canta con ellos, es Manu Chao.

No hay comentarios: