Declaración de principios

Pois aqui ando eu metido nunha das miñas. O que pretendo con este blog non é nin mais nin menos que pasalo tempo eu, e se pode ser facerllelo pasar ben os que o lean. Para os que non me coñezan, aínda que escriba en galego (tamén un reto para min) nin son nacionalista nin na polo estilo, simplemente son un enamorado da miña terra, as suas costumbres, e o seu patrimonio. Se antes xa me gustaba, agora que estou non nun breve exilio, sei todo o que o podo botar de menos, por eso isto tamén me servira para estar máis en contacto con Galicia.

Pero non todo será falar de Galicia, escribirei sobre cousas que me pasan no cotián, aquelo que encontre curioso por internet, pensamentos que teña, e todas esas chorradas que se poñen hoxe en día nos blogs personais. Tampouco fai falta que explique todo non? Unicamente dicir que o nome do blog e como dicir que aqui vai haber de todo, como na botica, porque así é o Cabanel do meu avó.

Ala veña, a correr!! pasadeo ben mentres estedes fedellando por aquí!!

Un saúdo

No hay comentarios: