Recordando

Hai uns días, concretamente nove, cumpliuse o vinte aniversario do afundimento do cargueiro Casón de bandeira panameña, na praia do Rostro, en Fisterra. Levaba nas súas bodegas mil cen toneladas de material químico inflamable e corrosivo. Por mor do choque, a carga comezou a espallarse, co conseguinte peligro de que estoupase e se formase unha nube tóxica que afectaría ós pobos da zona. Por este motivo o que naquel momento era o recén proclamado presidente da Xunta, Fernando Ignacio Gonzalez Laxe, tomou a decisión de evacuar o concello de Fisterra, e os seus veciños Cee e Corcubión. Movilizouse incluso o Exército para unha evacuación de arredor de 15000 persoas, que se trasladarían a Santiago.

Despois dunhas alarmantes e críticas horas, nas que parte do centro neurálxico da Costa da Morte estaba deixando as súas pertenzas nas mans do destino, mentres que no Casón se producían explosións químicas e morría gran parte da súa tripulación, chegou unha relativa e progresiva "calma". O Casón, estaba controlado, así como a súa carga que tardou en recuperarse completamente 4 meses, e que foi trasladada a Antuerpen, un dos orixes da mesma.

Cando todo isto sucedeu, eu e toda a miña familia, vivíamos en Cee. Tiña dous anos recén cumplidos polo que non me acordo de nada, só dun plátano que me dera unha monxa no sitio onde fomos o marchar de Cee. Pouco sei deste tema por parte da miña familia. Deberon ser momentos duros, e pouco se fala do acontecido. Pero unha cousa sei seguro, había moito medo nos evacuados. En gran parte pola desinformación que había e que aínda hoxe en día existe, xa que se pensaba que podía transportar materiais máis perigosos aínda dos que se decían.

Eu so sei, e non me preguntedes se ten algo que ver, xa llo preguntarei a meus pais, que antes de cumplir os tres anos estaba vivindo na Coruña.

Sei que este lema non se creou cando foi do Casón, pero pareceme que se debe entoar ante estas situacións.



Ala!


Fontes :: Cedre Wikipedia La Voz De Galicia

No hay comentarios: