Noite de cine

Onte non foi unha boa noite para durmir, asi que había que intentar distraerse con algo para que entrara o sono ou a lo menos despexala cacholiña. Por eso puxenme a ver duas películas que tiña por aquí.

Eran dous filmes españois, a primeira "La habitación del niño" e a outra "El lobo".

Na primeira actúan como protagonistas, Leonor Watling de sobra conocida por todos, e Javier Gutierrez que o mellor polo nome non sabedes quen é pero se vos digo que é o irmán da monxa dos "Serrano" (o mellor quedades igual ou peor, jaja), tamén fai de personaxe principal en "Un franco, 14 pesetas" (película recomendadísima, personalmente gustoume moito o tema, e como o afronta, pareceme que conta moitas realidades da emigración galega a europa). Volvendo o de antes, o filme está dirixido por Alex de la Iglesia, e ese tipo, algo de cine sabe. Película de medo a cachos, pero os que son de medo ou tensión, sono de verdade. Boas interpretacións dos protas.

Gasol FOR THREEE!!!caca de la vaca con nata y horchata

Pouco máis. Recomendada, sen moito énfasis, pero esta ben ver de todo.

A segunda largometraxe, El Lobo, que de verdade é larga, dúas horas de película, pero para na se fan notar. Senon a mellor, unha das mellores películas españolas que vin. O tema basado en feitos reales, xa chega bastante fondo, pero inda por riba pouco a pouco metenche máis na trama e chegas a pensar moito en todo o que pasou con ETA e inda pasa. Bos actores, que para min fan un papelón, sobre todo alguns dos secundarios que me sorprenderon bastante. Actores principais: Eduardo Noriega (El Lobo), José Coronado, Silvia Abascal, Santiago Ramos.

Para min, moi boa película, moi recomendada. E moi bo o tema, pareceme que habería que facerlle unha homenaxe o "Lobo". Para saber máis da sua historia, aquí tendes. Recomendadisimo!

Estón vendo bastantes filmes estes meses, asi que irei falando delas de vez en cando, moitos o mellor xa as vistes pero... así tamén me podedes dicir se estades de acordo ca miña opinión ou non.


Ala!

No hay comentarios: