Recoñezo a miña perdición

Comezo este blog con un dos temas que máis me gusta... as Camisolas!
Gustame calquer tipo de camisola, poden ser de Pull&Bear (o que máis e o que menos ten algunha) e todas estas tendas de Inditex, ou pode ser do mercado, ou de publicidade, sempre lle sacarei partido.
Pero hai un tipo de camisolas "especiais" que son as que máis me atraen, aquelas que teñen un deseño orixinal, e ás veces de producción limitada. Aficioneime xa hai un tempo a páxinas web que se adican a isto, comezando por SetaLoca.com, que iniciou distribuindo dende Barcelona so camisolas, ata o dia de hoxe no que xa vende mochilas, roupa interior femenina e masculina, e algun articulo máis que veredes na páxina. Pouco a pouco, fun encontrando algunhas máis como OnceVaras.com (que xa levan un tempo ca web en mantemento), ReiZentolo.com que tamén ten outras cousas moi orixinais, Kukuxumusu estes vascos que xa son moi coñecidos a nivel nacional, e a última que coñecín, Pampling.com.
E para o final deixei as máis especiais. Son dúas tendas da Coruña onde a maioria dos deseños están adicados a esta cidade, ou relacionados con ela.


A primeira e Nicetrip, que ten unha grandísima variedade de deseños feitos por Lezcano (creador da bandeira de Galicia coa vaca) na súa tenda do barrio de Monte Alto na rúa Curros Enríquez, 29 baixo. Cando poidades ide vela porque tamen son ideais para regalos. Aquí vos deixo un video dun desfile moi informal que fixeron o ano pasado na Pasarela Parrote.

A segunda é Chukelo.com. Esta web é... a verdade e que non sei como explicala para que vos podades facer unha idea...e boísima, simplemente visitadea, sobre todo aqueles que entendades o "idioma" Koruño. Prestade atención as traduccións que fan na paxina principal do tipo: "desings/movidas" ou "help?/cóskate".
Calquera delas merece a pena. Non son tan baratas como as de Pull pero tamén o material sempre é de mellor calidade.

Ala!

No hay comentarios: