Un pouco de historia

Recordo que en cuarto da E.S.O, a nosa profesora de ética contáranos, non sei a conto de que, unha estratexia militar soviética contra o ataque de Hitler. Mellor situamonos no tempo e nos acontecementos e despois explicovos ó que ven esta entrada.

Encontramonos entre Xuño de 1942 e febreiro de 1943, batalla de Stalingrado (Unión Soviética) na II Guerra Mundial. A actual Rusia é atacada polas tropas alemanas dirixidas por Hitler, que unha vez controlada a zona occidental da Unión, quería máis. Entre os seus obxectivos, estaban os ricos campos petrolíferos situados o sur de Stalingrado. Por mor disto comezou a que se di que é a batalla máis "sangrienta" da historia da Humanidade.



A inferioridade do exército de Stalin en armas e homes, e a aparición no exército alemán dos tanques "Panzer", fixo que este tivera que idear un plan para deter o avance das tropas inimigas. E aquí ven a historia que nos contaron na clase.

Os soviéticos adestraron unha serie de cans, habituandoos a que momentos antes de darlles de comer poñíanos a escoitar o sonido dos novos tanques alemáns "Panzer". Deste xeito cada vez que escoitaban o sonido, ían correndo cara el para recibir a súa ración de comida.

Pois ben. Con este adestramento fora dos campos de batalla, so facia falla ter os pobres cans un ou dous días sen comer, e que así fixesen o que fose para conseguila comida. Cargalos con explosivo suficiente para facer estoupar un tanque e soltalos en plena contenda donde houbese tanques inimigos. Xa vos podedes imaxinar o resultado non? Can adestrado con fame e con explosivos no lombo + tanque alemán "Panzer" cerca = can debaixo do tanque....

preparados, listos , xa! BOOM!



Esto recordame a unha campaña de concienciamento de hai anos.




Tristemente as guerras seguen... para que? non o sei.

Ala!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

..pos eso.-.. ti voy dicir una cosa nenoooooooo.... genial lo del blog... ya te he linkado y colgaré los vinculos en mi imperio... juaaaaaas
herculinos abrazotes....

Anónimo dijo...

..eso si... te aconsejo que lo de os comentarios se abra como un pop o como una nueva pagina... sino se te va a perder la gente... es uno d elos defectillos de blogger....